Son un pasmón

by Labregos do Tempo dos Sputniks

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.

      name your price

     

about

Primeiro sinxelo adianto de Libremente.

lyrics

Son un pasmón

Son un pasmón
peatón
con opinión,
dicindo a verdade núa
pola rúa.
Nunca fun usuario
de automóbil suntuario
nin tampouco utilitario.
Camiño a pé
e por iso é polo que
vexo o mundo tal cal é.
Sei da cobiza burguesa
e do furor proletario.
O pan gárdase na artesa
e a fame ronda a diario.
Ando sen présa,
nada altera o meu horario,
nin couta o meu comentario.
Non teño medo
do que o tempo traguerá,
porque sei que tarde ou cedo
o que ha de vir chegará.
Horaboa ou horamá?
¡Tanto me dá!
Ogallá
me colla vivo a noticia.
¡Que gran ledicia
ver chegar o que virá!
Para o gran suceso,
xa está aceso
acolá moi lonxe, un lume
que no mundo prenderá
e queimará
a fedenta podredume.

Camiño a pé
e por iso é polo que
vexo o mundo tal cal é.


Celso Emilio Ferreiro.
Longa noite de pedra.

credits

released April 22, 2015
Música e arranxos: Labreg*s do Tempo dos Sputniks

Gravado e masterizado por Alfredo Regos.

Mesturado por Javier Mourón.

Producido por Labregos do Tempo dos Sputniks e Javier Mourón.
2015.

tags

license

about

Labreg*s do Tempo dos Sputniks Santiago De Compostela, Spain

contact / help

Contact Labreg*s do Tempo dos Sputniks

Streaming and
Download help